AS CASUALIDADES NECESARIAS
21,63€
Dicía J.L. Monod que en todo acontecer biolóxico, ontolóxico, social ou individual están presentes o azar e a necesidade. Esta novela é ela mesma produto de ámbolos dous elementos. As casualidades, que outra cousa non é o azar, aparecen constantemente entrelazándose coa necesidade nas vidas das e dos protagonistas, envolvidas nun relato que tal como acontece coas matrioskas, se vai abrindo para amosar as diferentes escalas de aproximación a esas vidas, máis tamén ao espazo no que suceden os acontecementos e o tempo do que se quere bocetar con pinceladas impresionistas a Galicia, nomeadamente, a das Rías Baixas, nunha particular óptica do seu devalar do século XX.. Un relato de amor e desamor, de afáns e de arelas, cumpridas ou abortadas, servíndose dunha narrativa múltiple e de escenarios tanto reais como imaxinarios, no que presentar tanto as grandezas como as miserias dun pobo.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.