Gramática histórica galega II

33,65

(Precios sin impuestos)
ISBN: 9788484875871

O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4a edición), centra- da na Fonética e na Morfosintaxe. Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega. É para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Gramática histórica galega II”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ir al contenido